“A TRENZA DOS FEITOS AMARGOS”, pelo Grupo Teatro Aberto, de Cangas de Morrazo, Galiza, Espanha
Local: SIRSA, Sociedade de Instrução e Recreio Social Areosense.
Horário: 16:00 horas
Duração 60 minutos (aprox.) (S/intervalo)
Classificação M/6
Org: RelaxArt e Teatro aos Quartos
Apoios: Câmara Municipal de Viana do Castelo UFVC, SIRSA
(Reserva de entradas, telefone 965404221 José Sousa ou e-mail teatroaosquartos@gmail.com).
A TRENZA DOS FEITOS AMARGOS
Grupo Teatro Aberto
Teatro Aberto propúxolle á periodista canguesa Asun Bernárdez escribir un texto dramático con algunhas escenas do seu libro Lola, filla de Cangas, inspirado nas gravacións que realizou unha traballadora do Centro de Documentación de Historia Local de Cangas a Lola Rodal Blanco, unha muller de familia sindicalista que lembra como era a vida durante a súa infancia e xuventude. Recibido o texto, Teatro Aberto foille dando forma ata compoñer unha obra de teatro documento. O espectáculo relata cronoloxicamente os feitos máis importantes que aconteceron en Cangas do Morrazo durante a Segunda República e o comezo da Guerra Civil (1931-36). En paralelo, o espectáculo vai ilustrando con fotografías e gravacións algúns dos acontecementos máis relevantes dese período a nivel nacional. A trenza dos feitos amargos peitea a vida dunha familia humilde da Cangas mariñeira, mais os asasinatos, os mortos nas beirarrúas, a rapa de mulleres, son feitos que aconteceron en moitas vilas da nosa terra
TEATRO ABERTO, de Cangas do Morrazo, presenta: A TRENZA DOS FEITOS AMARGOS (1931-1936) De Asun Bernárdez Rodal. A partir do libro Lola, filla de Cangas da mesma autora. Intérpretes: Marina Fandiño Iglesias Xavier Fernández Viz Pilar Ferrari Parcero Araceli Gato Gato Antón Lamapereira López Francisco Lariño Romay Concepción Vizcaya Martínez Cristina Rial González Fina Rodríguez Peláez Mercedes Rey Fandiño Gabriel Cordeiro Pereira Serafín Villar González Autora: Asun Bernárdez Rodal Dramaturxia e dirección: Xoán Carlos Riobó Agradecementos: IES de Rodeira de Cangas pola súa acollida e a Lucía Lariño pola axuda coa edición do programa